Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2014

Novos pasos por Bretaña no Faro de Vigo: Amaia Mauleón

Imaxe
Esta é a primeira reseña en prensa de Novos Pasos por Bretaña, feita por Amaia Mauleón no Faro de Vigo de hoxe luns, 27 de xaneiro de 2014. Moitas grazas.

Booktrailer de Novos pasos por Bretaña

Imaxe
O libro Novos pasos por Bretaña segue medrando, agora xa ten Booktrailer. Un magnífico traballo feito por Bones & Pics que agardo vos sexa atractivo e vos invite a ler o libro. Por certo, Novos pasos por Bretaña xa está chegando ás librerías.

Un novo libro: NOVOS PASOS POR BRETAÑA

Imaxe
Neste mes de xaneiro de 2014 chega ás librerías o meu novo libro: NOVOS PASOS POR BRETAÑA editado por Xerais . Un libro sinxelo froito das experiencias vividas  durante as catro visitas que fixen a Bretaña nos últimos anos, e inspirado por lecturas anteriores, sobre todo pola obra “AS CRUCES DE PEDRA NA BRETAÑA” de Castelao e polas “CRÓNICAS DO SOCHANTRE” de Álvaro Cunqueiro , ademais doutros artigos, referencias bibliográficas e documentais.  Porén, considero que é una obra o suficientemente ampla como para debullar una viaxe persoal que poida provocar no lector a necesidade da súa propia viaxe, dos seus propios pasos polas terras da antiga Armórica. Así lle pareceu a Manuel Bragado , director de Edicións Xerais de Galicia, xa que pensou que con este libro podería arrancar a serie de viaxes da colección Crónica . No libro, o texto vai acompañado por unha manchea de fotografías relacionadas cos capítulos da obra; capítulos que ademais de buscar as pegadas de Cast...