Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2014

Prensa 7: Televisión de Galicia

Imaxe
Prensa 7: Televisión de Galicia Entrevista no programa Zigzag Diario de TVG2 na que Pemón Bouzas é entrevistado por Pilar García Rego. http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/zigzag-diario-entrevista-a-pemon-bouzas-novos-pasos-por-bretana En Mont-San-Michel

Prensa 6: Entrevistas e críticas na SER, Santiago Tv, M. Rodríguez Alonso e Faro Cultura

Imaxe
Continúo con máis agradecementos pola acollida nos medios e da crítica literaria a NOVOS PASOS POR BRETAÑA .  Nesta ocasión a Luís Iglesias que me entrevistou para a SER en Galicia  e a Silvana Moril quen fixo o propio para Santiago TV . Tamén quero agradecer as críticas de Manuel Rodríguez Alonso no blog Bouvard e Pécuchet de Dorita Castro Soliño no Faro Cultura de Faro de Vigo . http://bouvard.blogaliza.org/2014/02/24/na-tradicion-da-literatura-de-viaxes/ Pemón Bouzas percorre a mítica Bretaña, pero faino dun xeito culturalista , sen que este termo sexa pexorativo, senón todo o contrario. Bouzas descríbenos as paisaxes, a arte e as xentes da Bretaña francesa da man do Castelao de  As cruces de pedra na Bretaña  ou do Cunqueiro de As crónicas do sochantre . Neste sentido, acerta o autor ao comparar a Bretaña que viu Castelao nos anos vinte do pasado século coa actual. Infórmanos sobre como cambiou a vida, mais tamén nos dí que se mantén a arquite...

Prensa 5: Xurxo Fernández de El Correo Gallego

Imaxe
O meu agradecemento a El Correo Gallego e a Xurxo Fernández por esta fermosa recensión lieteraria sobre a viaxe literaria como argumento de NOVOS PASOS POR BRETAÑA , editado por Xerais .

NOVOS PASOS POR BRETAÑA entre os máis vendidos en Ensaio en Febreiro

Imaxe
Boas novas para o libro NOVOS PASOS POR BRETAÑA xa que figura no quinto lugar  na modalidade de "Ensaio" dos libros galegos máis vendidos no mes de febreiro, cun so mes nas librerías. Este dato foi publicado  no " Taboleiro do libro galego " que o CADERNO DA CRÍTICA , blogue de Ramón Nicolás , inclue mes a mes. Aquí vos deixo a ligazón á debandita páxina: http://cadernodacritica.blogaliza.org/2014/03/01/taboleiro-do-libro-galego-xx-do-1-ao-28-de-febreiro/ 5º-.   Novos pasos por Bretaña , de  Pemón Bouzas , Edicións Xerais. No dolmen cristianizado de Guilliguy - Porsall, debullado por Castelao

Presentación de Novos Pasos Por Bretaña na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela

Imaxe
Novos pasos por Bretaña foi presentado de forma oficial o pasado mércores 19 de febreiro na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Estiven acompañado por Manuel Bragado , director de Xerais , e polos xornalistas Eva Millán , de Radio Voz , e Xurxo Fernández , de El Correo Gallego , que actuaron como padriños da criatura. Un nutrido grupo de seguidores ocuparon o espazo destinado ás presentacións na librería e varios medios de comunicación estiveron atentos ao evento literario. Manuel Bragado falou do libro como unha viaxe de autor, como literatura de viaxes , non como guía, http://bretemas.com/onte-889-a-ollada-bretoa-de-pemon-bouzas/ Eva Millán recreouse nun paralelismo de tres viaxes: a de Castelao , a de Cunqueiro e a de Pemón Bouzas , autor de Novos pasos por Bretaña . Xurxo Fernández insistiu na parte máis literaria, na que lle lembraba aos viaxeiros doutros tempos, doutras latitudes. Ao remate, sinaturas de exemplares e agarimos. Grazas aos ...