Presentación de Novos Pasos Por Bretaña na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela
Novos pasos por Bretaña foi presentado de forma oficial o pasado
mércores 19 de febreiro na Libraría Couceiro de Santiago de
Compostela. Estiven acompañado por Manuel Bragado, director de
Xerais, e polos xornalistas Eva Millán, de Radio Voz, e Xurxo
Fernández, de El Correo Gallego, que actuaron como padriños da
criatura.
Un nutrido grupo de seguidores ocuparon o espazo destinado ás
presentacións na librería e varios medios de comunicación
estiveron atentos ao evento literario.
Manuel Bragado falou do libro como unha viaxe de autor, como
literatura de viaxes, non como guía,
http://bretemas.com/onte-889-a-ollada-bretoa-de-pemon-bouzas/
Eva Millán recreouse nun paralelismo de tres viaxes: a de Castelao,
a de Cunqueiro e a de Pemón Bouzas, autor de Novos pasos por
Bretaña.
Xurxo Fernández insistiu na parte máis literaria, na que lle
lembraba aos viaxeiros doutros tempos, doutras latitudes.
Ao remate, sinaturas de exemplares e agarimos.
Grazas aos asistentes. Grazas aos lectores.




Comentarios
Publicar un comentario