Prensa 6: Entrevistas e críticas na SER, Santiago Tv, M. Rodríguez Alonso e Faro Cultura

Continúo con máis agradecementos pola acollida nos medios e da crítica literaria a NOVOS PASOS POR BRETAÑA
Nesta ocasión a Luís Iglesias que me entrevistou para a SER en Galicia  e a Silvana Moril quen fixo o propio para Santiago TV.
Tamén quero agradecer as críticas de Manuel Rodríguez Alonso no blog Bouvard e Pécuchet de Dorita Castro Soliño no Faro Cultura de Faro de Vigo.


Pemón Bouzas percorre a mítica Bretaña, pero faino dun xeitoculturalista, sen que este termo sexa pexorativo, senón todo o contrario. Bouzas descríbenos as paisaxes, a arte e as xentes da Bretaña francesa da man do Castelao de As cruces de pedra na Bretaña ou do Cunqueiro deAs crónicas do sochantre. Neste sentido, acerta o autor ao comparar a Bretaña que viu Castelao nos anos vinte do pasado século coa actual. Infórmanos sobre como cambiou a vida, mais tamén nos dí que se mantén a arquitectura tradicional das súas casas por fóra, por contra do feísmo, que nos invade a nós. Infórmanos con demora sobre os movementos culturais bretóns, especialmente os relacionados co mantemento da lingua de seu fronte ao poder asoballador do francés






Con Silvana Moril de Santiago TV na promoción de "A Estrela de Oriente"

Con Luís Iglesias de Radio Galicia - SER



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentación de Novos Pasos Por Bretaña na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela