Unha viaxe do século XXI pola lendaria e mítica BREITH
Prensa 5: Xurxo Fernández de El Correo Gallego
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
O meu agradecemento a El Correo Gallego e a Xurxo Fernández por esta fermosa recensión lieteraria sobre a viaxe literaria como argumento de NOVOS PASOS POR BRETAÑA, editado por Xerais.
Novos pasos por Bretaña foi presentado de forma oficial o pasado mércores 19 de febreiro na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Estiven acompañado por Manuel Bragado , director de Xerais , e polos xornalistas Eva Millán , de Radio Voz , e Xurxo Fernández , de El Correo Gallego , que actuaron como padriños da criatura. Un nutrido grupo de seguidores ocuparon o espazo destinado ás presentacións na librería e varios medios de comunicación estiveron atentos ao evento literario. Manuel Bragado falou do libro como unha viaxe de autor, como literatura de viaxes , non como guía, http://bretemas.com/onte-889-a-ollada-bretoa-de-pemon-bouzas/ Eva Millán recreouse nun paralelismo de tres viaxes: a de Castelao , a de Cunqueiro e a de Pemón Bouzas , autor de Novos pasos por Bretaña . Xurxo Fernández insistiu na parte máis literaria, na que lle lembraba aos viaxeiros doutros tempos, doutras latitudes. Ao remate, sinaturas de exemplares e agarimos. Grazas aos ...
Continúo con máis agradecementos pola acollida nos medios e da crítica literaria a NOVOS PASOS POR BRETAÑA . Nesta ocasión a Luís Iglesias que me entrevistou para a SER en Galicia e a Silvana Moril quen fixo o propio para Santiago TV . Tamén quero agradecer as críticas de Manuel Rodríguez Alonso no blog Bouvard e Pécuchet de Dorita Castro Soliño no Faro Cultura de Faro de Vigo . http://bouvard.blogaliza.org/2014/02/24/na-tradicion-da-literatura-de-viaxes/ Pemón Bouzas percorre a mítica Bretaña, pero faino dun xeito culturalista , sen que este termo sexa pexorativo, senón todo o contrario. Bouzas descríbenos as paisaxes, a arte e as xentes da Bretaña francesa da man do Castelao de As cruces de pedra na Bretaña ou do Cunqueiro de As crónicas do sochantre . Neste sentido, acerta o autor ao comparar a Bretaña que viu Castelao nos anos vinte do pasado século coa actual. Infórmanos sobre como cambiou a vida, mais tamén nos dí que se mantén a arquite...
Comentarios
Publicar un comentario