Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2014

Prensa 4: Onda Cero e Radio Voz

Imaxe
O meu agradecemento a Eva Millán pola magnífica conversa que mantivemos en Radio Voz sobre NOVOS PASOS POR BRETAÑA. Agradecemento extensivo a Ramón Castro que me entrevistou en Onda Cero nun ambiente sempre cordial e agradable, coma sempre.  Con Eva Millán Con Ramón Castro

Prensa 3: EFE, Sandra Landeira

Imaxe
A xornalista da  axencia EFE  Sandra Landeira fíxome esta entrevista que foi recollida por unha manchea de medios galegos e non galegos. Foto EFE na libraría Couceiro de Santiago antes da presentación do libro.

Prensa 2: Armando Requeixo

Imaxe
Armando Requeixo publicou este artigo sobre NOVOS PASOS POR BRETAÑA en El Ideal Gallego e en Diario de Ferrol, tamén no seu blog CRITICALIA http://armandorequeixo.blogaliza.org/2014/02/17/a-conexion-bretoa/

Prensa 1: Jaureguizar

Imaxe
Artigo de SANTIAGO JAUREGUIZAR  no xornal El Progreso e en Diario de Pontevedra.

Presentación de “Novos pasos por Bretaña” de Pemón Bouzas

Imaxe
O mércores, 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación de  Novos pasos por Bretaña  de  Pemón Bouzas . No acto participarán Eva Millán, Xurxo Fernández, Manuel Bragado e o autor.

Primeiros pasos por Bretaña

Imaxe
Esta é a primeira remesa de fotos que adxunto para completar a miña visión de Bretaña que está no libro NOVOS PASOS POR BRETAÑA que veño de publicar con Edicións Xerais de Galicia. Estes son realmente algúns dos meus primeiros pasos por Bretaña cando, en 2008, estiven  na Armórica facendo o documental PAIXÓN POLO MAR para TVG. Entre os compañeiros e amigos daquela singladura están Victorino Lourido, X.A.Domelo, Suso Rouco e Toño Callón. Recén chegados a Brest  En Lagatjar, mirtando a parada marítima cos bunkers ao fondo. Traballando no fin do mundo dos bretóns. En Brest Detalle do calvario de Crozón O faro da Ile Vierge, Plouguerneau. Na rada de Brest Porto da Recouvrance, Brest Douarnenez Durante a festa marítima de 2008, Brest.