Presentación de Novos Pasos Por Bretaña na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela
Novos pasos por Bretaña foi presentado de forma oficial o pasado mércores 19 de febreiro na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Estiven acompañado por Manuel Bragado , director de Xerais , e polos xornalistas Eva Millán , de Radio Voz , e Xurxo Fernández , de El Correo Gallego , que actuaron como padriños da criatura. Un nutrido grupo de seguidores ocuparon o espazo destinado ás presentacións na librería e varios medios de comunicación estiveron atentos ao evento literario. Manuel Bragado falou do libro como unha viaxe de autor, como literatura de viaxes , non como guía, http://bretemas.com/onte-889-a-ollada-bretoa-de-pemon-bouzas/ Eva Millán recreouse nun paralelismo de tres viaxes: a de Castelao , a de Cunqueiro e a de Pemón Bouzas , autor de Novos pasos por Bretaña . Xurxo Fernández insistiu na parte máis literaria, na que lle lembraba aos viaxeiros doutros tempos, doutras latitudes. Ao remate, sinaturas de exemplares e agarimos. Grazas aos ...

Comentarios
Publicar un comentario